CNT convoca folgas no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

Serán de setembro a decembro e afectarán servizos como as escolas Galiña Azul ou os centros de día e o persoal ao coidado de persoas maiores e dependentes.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/08/2022 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O sindicato CNT anuncia a convocatoria dunha folga para traballadores do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que se estenderán en diferentes períodos desde setembro a decembro. Estes paróns afectarán a servizos como as escolas Galiña Azul, así como centros de día e o persoal ao coidado de persoas maiores e dependentes.

Traballadoras do Consorcio de Benestar en folga apelan á Xunta a negociar a estabilización dos seus postos
Traballadoras do Consorcio de Benestar en folga apelan á Xunta a negociar a estabilización dos seus postos | Fonte: Europa Press

A folga, convocada inicialmente para o día 5 de setembro, terá unha duración de 15 xornadas ao mes durante tres meses. A primeira quenda será do luns 5 ata o venres 16 de setembro, para despois continuar en outubro --do luns 3 ao venres 14--, en novembro --do 2 ao 11-- e en decembro --do 12 ao 23--.

A CNT sinala como máximo responsable para desbloquear a situación o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, ao que afea que "non solicitase" a convocatoria dun proceso selectivo propio. Ademais, critican que Rodríguez "desatendeu as súas funcións declarándose incompetente para negociar".

Para parar a folga, o persoal reclama garantía dunha convocatoria única e específica, unha oposición non eliminatoria, contabilizar formación impartida polo Consorcio, retirada do concurso de traslados e un baremo "xusto" que prime a experiencia, entre outras cuestións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta