Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2022 | Actualizada ás 17:52
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou a creación de empregos e de postos de traballo que suporá a materialización do proxecto que a empresa Sentury ten previsto materializar no municipio das Pontes de García Rodríguez, dedicada á fabricación de pneumáticos para turismos, furgonetas e mesmo avións.
Estas manifestacións realizounas o representante do Goberno da Xunta ao termo dun encontro que se desenvolveu na mañá deste martes, 2 de agosto, na sede da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, onde ademais do propio Conde estivo un representante da empresa de orixe asiática, a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o presidente do ente portuario, Francisco Barea.
Francisco Conde detallou que o proxecto da comarca de Ferrolterra estima un investimento de 531 millóns de euros e a creación de 750 postos de traballo directos, mentres asegura que esta iniciativa é "un reto industrial e loxístico moi relevante" polo impacto na xeración de emprego como na actividade do porto ferrolán, que "verá cuadriplicados os seus tráficos actuais, creando aproximadamente 30 empregos na propia terminal portuaria".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.