O sector bateeiro consegue máis do 80% das axudas autonómicas de 2022 para impulsar a acuicultura sustentable

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2022 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

O sector bateeiro conseguiu máis do 80% das axudas que a Xunta de Galicia destina este 2022 para investimentos produtivos no sector acuícola que fomenten actividades sustentables. A propia conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou este dato durante a súa visita a unha batea da ría de Vigo, que recibiu unha destas subvencións.

Quintana estivo acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, e detallou que na convocatoria de 2022 destas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), subvenciónanse un total de 119 proxectos por un importe de case seis millóns de euros.

Deles, 96 están relacionados con empresas dedicadas á produción do mexillón e supoñen un valor de axuda de máis de 4,5 millóns de euros (o 75% do total destinado). Por provincias, o 82% das subvencións concedidas na Coruña son para empresas dedicadas á produción deste bivalvo e na provincia de Pontevedra, o sector concentra case o 80% do total.

Bateas na ría de Vigo
Bateas na ría de Vigo | Fonte: ©MN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta