Ferrol recupera a feira medieval prepandemia con máis de cen postos

Estarán abertos dende o venres 5 ao domingo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2022 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O barrio de Ferrol Vello e a zona portuaria acollerán desde este venres, 5 de agosto, e ata o domingo, día 7, unha nova edición da feira medieval, onde se darán cita ao redor dun centenar de comerciantes de diversos sectores e con distintas propostas.

O concelleiro de Mercados de Ferrol, Germán Costoya (PSOE), foi o encargado de presentar esta proposta este mércores, nun acto desenvolvido no Concello de Ferrol e onde asegurou que esta feira "sempre ten un gran éxito na cidade".

Ademais, detallou que tras dous anos marcados pola pandemia sanitaria, xa que en 2020 non se celebrou e no 2021 só puido contar con pouco máis da metade de postos, nesta edición "recuperará o seu formato habitual e o seu esplendor, volvendo con forza".

As zonas onde estarán os diferentes postos repártense por boa parte de Ferrol Vello, como a alameda do Carbón, onde haberá tamén espazo para un carrusel e espectáculos estáticos, cale Rastro, Praza Vella, na que tamén haberá espectáculos, as rúas San Francisco e Benito Vicetto, así como a praza de Juan Sebastián Elcano, ante a igrexa castrense de San Francisco, onde se situará o campamento medieval.

Feira Medieval de Ferrol
Feira Medieval de Ferrol | Fonte: Concello de Ferrol

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta