Os alugueiros subieron un 2% en Galicia no que vai de ano, segundo unha web

Pontevedra e A Coruña soben máis dun 10%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2022 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

O piso tipo de aluguer en Galicia rexistrou en xullo de 2022 un prezo medio de 5,62 euros por metro cadrado (m2), o que supuxo un descenso con respecto a xuño do 1,23, pero unha subida do 2% se se fai a comparativa con xullo de 2021.

Así o reflicten datos do portal pisos.com dados a coñecer este luns, que demostran que a galega foi a cuarta autonomía coa mensualidade máis barata para os inquilinos, por detrás de Castela e León (4,74 euros/m2), Estremadura (5,27 euros/m2) e Castela-A Mancha (5,48 euros/m2).

En todo o Estado, o piso tipo de aluguer en España tivo en xullo de 2022 un prezo medio por metro cadrado de 10,24 euros, unha subida mensual do 0,20%. Na comparativa interanual, creceu un 5,89%, polo que Galicia, co 2%, atópase bastante por baixo.

Por provincias, os alugueres experimentaron en xullo fortes subidas interanuais na da Coruña e na de Pontevedra. Nesta última, con 7,41 euros por m2 de media, o ascenso foi do 11,6%, mentres que A Coruña, con 5,62 euros, foi a quinta provincia que máis creceu de toda España, cun 12,37% máis que en xullo de 2021.

Mentres tanto, as rendas en Ourense, cunha media de 4,22 euros/m2, foron as quintas que máis caeron en todo o estado (-10,4%); e en Lugo, cun prezo de 4,70 euros, fixérono nun 3,49%.

Por capitais de provincia, A Coruña presentou en xullo o aluguer medio máis alto (8,47 euros/m2), a pesar de supor unha baixada interanual do 0,57%; seguida de Pontevedra (7,99 euros/m2) cunha crecida do 12,27%. Na cidade de Lugo, os alugueres subiron un 15,55% nun ano, ata os 6,72 euros/m2, e en Ourense baixaron un 2,93%, a 6,08 euros/m2.

Príncipe de Vigo é a zona de aluguer de locais comerciais máis cara de Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
Príncipe de Vigo é a zona de aluguer de locais comerciais máis cara de Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta