Un veleiro inglés perde o temón tras un novo incidente con candorcas en augas galegas

Tivo que ser remolcado ao porto da Coruña tras quedar á deriva preto das illas Sisargas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/08/2022 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

O veleiro inglés Jan Steen, con dous adultos e tres menores abordo, tivo que ser remolcado ao porto da Coruña tras quedar á deriva ao sufrir unha interacción con candorcas e perder o temón cando navegaba a dúas millas ao noroeste das Illas Sisargas.

Candorca moi preto dun veleiro da Armada en Corrubedo, na ría de Muros-Noia
Candorca moi preto dun veleiro da Armada en Corrubedo, na ría de Muros-Noia | Fonte: Remitida.

Fontes de Salvamento Marítimo concretaron que a embarcación solicitou a axuda de Salvamento ás 11,25 horas deste luns.

Para levar a cabo o rescate, Salvamento mobilizou a embarcación Salvamar Betelgeuse e a de Cruz Vermella, LS Condesa Pardo Bazán. Neste caso non resultaron feridos ningún das persoas que ían abordo do veleiro.

Nas últimas semanas os incidentes con estes cetáceos foron recorrentes. Así, o último ocorrera o domingo ao mediodía, cando un veleiro con catro persoas abordo tivo que ser remolcado ao porto de Camariñas tras quedar sen temón polas candorcas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta