Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2022 | Actualizada ás 12:04
O proxecto de divulgación da estatística 'Stat Wars', coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), volverá cunha nova edición a partir de setembro. No últimos cinco anos, máis de 3.000 alumnos galegos de ESO e Bacharelato pasaron por estes talleres educativos que se celebran nunha decena de comunidades.
Nunha entrevista con Europa Press, a xestora do grupo de investigación do proxecto, Ana Bouzas (USC), destaca a boa acollida do cinco edicións que se realizaron ata a data, con actividades que "están a gustar moito" aos escolares, co que se busca "espertar a vocación científica".
Este proxecto está financiado pola Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt) --dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación--, dirixido a estudantes de ESO e Bacharelato de toda España. Está coordinado polo Grupo de Bioestadística e Ciencia de Datos Biomédicos (GRID-BDS) da Universidade de Santiago de Compostela.
Bouzas explica que Stat Wars naceu en 2011 da man da investigadora Rosa Lillo (Universidade Carlos III de Madrid) para "captar a atención" de mozas con actividades divulgativas relacionadas coa estatística e ambientadas na saga cinematográfica de 'Star Wars'. Posteriormente, xurdiu a oportunidade a través da Rede Nacional de Bioestadística (Rede Biostatnet), que coordina a USC, de lanzar esta iniciativa a nivel estatal. Os participantes en todo o país xa roldan os 10.000.
A edición do curso 2022-2023 será a sexta, nun exercicio no que se retomará o formato presencial e de grandes eventos, despois duns anos nos que primaron a versión en liña debido ás dificultades pola pandemia. De feito, lembra que en 2020 estaba previsto realizar un acto no Auditorio de Galicia, con 900 inscritos, que se tivo que anular.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.