O PP de Pontevedra participará nos actos do Día da Galiza Mártir: "A nosa participación é normal e lóxica"

Celébranse o 17 de agosto en homenaxe ao político galeguista Alexandre Bóveda.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 16/08/2022 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, confirmou a presenza da formación local nos actos organizados polo Día da Galiza Mártir que se celebrarán este mércores 17 de agosto en homenaxe ao político galeguista Alexandre Bóveda, organizados pola fundación no seu nome.

Monumento a Alexandre Bóveda na Caeira (Poio)
Monumento a Alexandre Bóveda na Caeira (Poio) | Fonte: Adrián Estévez

Rafa Domínguez, acompañado polo concelleiro Juan Manuel Muñoz, asistirá á misa homenaxe a Alexandre Bóveda, na Igrexa de San Amaro ás 18,00 horas. Ademais, acudirá ao acto cívico diante da tumba do político galeguista, ás 19,00 horas.

"Penso que o único crime que cometeu Bóveda foi amar a Galicia, que é o mesmo que facemos todos nós. A nosa participación é normal e lóxica, e debemos estar agradecidos ao legado de Bóveda e ao traballo da súa fundación", sinalou Domínguez.

Por último, o concelleiro Martín Martínez representará o partido no acto institucional organizado polo Concello de Poio e a Fundación Alexandre Bóveda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Luz del Norte

Más votos para Vox