Por Galicia Confidencial | Vilagarcía de Arousa | 20/08/2022 | Actualizada ás 11:55
O Festaclown 2022 enche Vilagarcía de risas e circo do 17 ao 21 de agosto. Na presentación do festival estiveron Jacobo Sutil, Director da AGADIC; Alberto Varela, Alcalde de Vilagarcía; Sonia Outón, Concelleira de Cultura; Nacho Fungueiriño, coordinador do Festaclown e realizouse tamén unha actuación final a cargo de Con Eles coa que os asistentes reivindicaron un contundente "Non ás guerras".
"Temos o pracer de anunciar que, unha vez máis, a vila converterase nunha carpa de circo que acollerá ás mellores compañías galegas, estatais e internacionais”, indicou Nacho Fungueiriño, coordinador deste festival que acollerá espectáculos de acrobacias, música, narración, clown e humor pensadas para todas as idades.
Todas as actividades serán de balde e o programa pode consultarse en www.festaclown.gal
Neste evento chegan a Vilagarcía as mellores compañías galegas como Desastronauts, Fran Boza, Troula ou Dani García; pero tamén grandes nomes a nivel estatal e internacional como: Cía Vaya, Entre Nous, Rojo Telón, Kanbahiota, Trotamundos, La Troupe Malabó ou Javier Ariza.
Como en edicións anteriores, farase o Certame Festaclown, unha iniciativa que pretende facer participar ao público --sen límite de idade-- da escolla fo seu espectáculo favorito. O público votará ao longo de todo o festival na procura do espectáculo mellor valorado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.