Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2022 | Actualizada ás 14:04
Veciñanza de Malpica segue sen poder consumir auga da traída e o Consistorio atópase á espera dos resultados de novas analíticas realizadas este venres. En declaracións a Europa Press, o alcalde, Eduardo Parga, afirmou que, con todo, os parámetros "foron mellorando" e "hai zonas que están moi ben".
En calquera caso, a decisión de volver autorizar o consumo corresponde á Consellería de Sanidade e o rexedor indicou que descoñece se os novos resultados os coñecerán a última hora deste venres ou á primeira hora do sábado. Por iso, apelou á prudencia.
Este xoves, o Concello xa informou de que as últimas análises arroxaron datos "correctos" pero que aínda non estaba autorizado o seu consumo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.