Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2022 | Actualizada ás 11:01
A Garda Civil detivo a dous veciños do municipio coruñés de Brión como supostos autores dun delito de roubo de madeira, valorada en oito mil euros. Segundo informa, dos feitos tívose coñecemento o pasado 27 de maio tras a denuncia interposta pola empresa adxudicataria polo Ministerio de Fomento para a talla de árbores das marxes das estradas do Estado na Comunidade autónoma de Galicia.
En concreto, comunicaron o furto de varias toneladas de madeira apiladas para o seu posterior transporte das zonas de Pazos e Faramello.
No transcurso da investigación, descubriuse "unha trama delituosa dunha empresa forestal cuxo modus operandi consistía na retirada da madeira en nome dun encargado da empresa adxudicataria para, posteriormente, vendela e obter grandes beneficios". Esta trama chegaba ata a zona de Paderne. A Garda Civil detivo a dúas persoas por estes feitos e recuperou 150 toneladas de madeira. As dilixencias instruídas foron postas a disposición do Xulgado de Garda de Padrón.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.