O BNG rexeita poñer peaxes nas autovías: "é unha medida antigalega"

Censura que en Galicia a rede ferroviaria é pobre e, por tanto, as autovías son en moitos casos a única alternativa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2022 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O deputado do BNG, Néstor Rego, critica a medida prevista polo Goberno de implantar peaxes en autovías a partir de 2024. Denuncia o custo que suporía para as "clases populares" e para os custos de actividades económicas, que perderían competitividade.

Nun comunicado, Rego tacha esta medida de "antisocial e antigalega", posto que se gravarán autovías cando en Galicia non existe un transporte público adecuado, especialmente ferroviario, que poida resolver a mobilidade.

"Despois de lanzalo como globo sonda fai xa máis dun ano e negar posteriormente que se tratase de algo máis que unha posibilidade en estudo, o Goberno español anunciou a decisión firme de implantar peaxes en todas as autovías, pois, din, é unha esixencia de Bruxelas polos fondos Next Generation", lamenta. Por iso, reproba que se trata dunha "medida de recorte social".

Paralelamente, o Bloque require ao Executivo central que mellore as infraestruturas e os servizos de transporte público en Galicia, con especial atención ao transporte ferroviario. Entre outras demandas, require implantar proximidades de Renfe en todas as áreas metropolitanas de Galicia, conectar Santiago con Lugo, así como modernizar as liñas Ferrol-A Coruña e A Coruña-Lugo.

Rolda de prensa de Néstor Rego (BNG).. Eduardo Parra - Europa Press
Rolda de prensa de Néstor Rego (BNG).. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta