O Concello de Arteixo recolle alegacións contra os parques eólicos que ameazan o seu territorio

Suman máis de 1.800 sinaturas contra os proxectos de Carboeiro e Pedra Queimada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2022 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

O Concello de Arteixo reuniu máis de 1.800 alegacións contra a instalación dos parques eólicos de Carboeiro (situado na zona de Santa Leocaia) e de Pedra Queimada (na fronteira dos concellos de Arteixo, Carballo e Laracha).

Concretamente, foron case 1.200 presentadas contra Carboeiro e máis de 600 contra Pedra Queimada, segundo informa o goberno local nun comunicado. O concello distribuíra dúas alegacións tipo contra cada un dos parques para que os veciños puidesen enviar a súa. Agora está a facer unha terceira campaña contra a liña de eléctrica que servirá para evacuar a enerxía do parque de Pedra Queimada.

Esta terceira alegación está publicada na web municipal (www.arteixo.org) e o prazo de presentación da alegación estenderase ata o próximo 1 de setembro. O concello oponse á instalación dos dous parques en Pedra Queimada e Carboeiro,e á nova liña eléctrica "debido ao seu negativo impacto ambiental e á súa proximidade a núcleos rurais".

Arteixo
Arteixo | Fonte: Cazador de viajes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta