Neofalantes co galego como lingua nai: "Adquirín o hábito de falar galego fóra da casa"
Cansa de mudar constantemente do galego ao castelán, Rita Tizón decidiu que era o momento de falar en todos os ámbitos da súa vida en galego. Foi ao entrar na Universidade cando deu o paso, e agora que rematou a carreira de Filoloxía Inglesa xa pode afirmar que o galego é a lingua que utiliza en todo momento, por iso se considera neofalante fóra do contexto familiar.
Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2022 | Actualizada ás 22:00