"Os cambios sociais que está a vivir Galicia supoñen todo un desafío para o futuro da nosa lingua, pero tamén unha valiosa oportunidade", argumentou es o secretario xeral da Lingua, Valentín García
  comenta   0
Valentín García destaca que este é un proceso "relativamente emerxente con innegables posibilidades de futuro na dinamización" do galego.
  comenta   0
Recopilamos nun vídeo diferentes testemuños de neofalantes que reivindican a lingua propia como unha "arma", "identidade", con proxección, máis aló dos prexuízos.
  comenta   0
O ILG celebrou o seu simposio “Contacto de linguas: identidades e ideoloxías lingüísticas” para coñecer algunhas das últimas investigacións en canto contacto entre linguas, os contactos entre diferentes rexistros dunha lingua e cal é a visión que se ten actualmente sobre “neofalantes”, “diglosia” e, como non, o futuro do galego.
  comenta   0
A webserie 'O gran reto. 24/7 en galego' deixa ver a tres mozos castelán falantes, de entre 18 e 26 anos, que se comprometen a desenvolver integramente o seu día a día en galego durante tres semanas.
  comenta   0
"Aquí en Galicia é importante conservar as raíces e falar e conservar a cultura e o idioma, non como nos EE.UU. que está perdendo as súas raíces", asegura esta profesora de inglés integrada no noso país.
Saúl Vérez, experto en márketing dixital, decidiu dar o paso e mudar de lingua cando comezou a ter conciencia de onde estaba e a onde pertencía: Galicia. "Eu comecei a falar galego por sensibilidade", lembra.
  comenta   0
Dani Abeledo falaba castelán ata que, sendo mozo, decatouse de que toda a xente da súa contorna en Lugo falaba en galego na casa, pero falaban entre eles en castelán. Tomouno como algo personal, como unha obriga moral para facer algo pola lingua.
Cansa de mudar constantemente do galego ao castelán, Rita Tizón decidiu que era o momento de falar en todos os ámbitos da súa vida en galego. Foi ao entrar na Universidade cando deu o paso, e agora que rematou a carreira de Filoloxía Inglesa xa pode afirmar que o galego é a lingua que utiliza en todo momento, por iso se considera neofalante fóra do contexto familiar.
A coruñesa Sandra Guedev xa prepara unha proposta para presentarse ao Benidorm Fest logo de quedar no top 12 da enquisa popular que o ano pasado gañaron Tanxugueiras. Soña con subir a súa música ao festival de Eurovisión.
  comenta   0
A relación entre a identidade sexual e o neofalantismo poden ter máis relación da que aparentemente semella. Así o quixo demostrar a filóloga Inés Allariz Pena, quen a través do seu traballo “Identidade a través da lingua: sáficas neofalantes”, mergullouse no uso da lingua galega dentro da comunidade LGTB+.
Aproveitando un espazo como RTVE, Olaya, unha veciña dunha aldea lucense, quixo dar voz á comunidade neofalante. Así se define esta concursante do programa “Te ha tocado”, quen foi clara na súa intervención: “Quero falar dos neofalantes”.
Con máis de 20 títulos publicados, Ledicia Costas converteuse nunha das escritoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega, que non deixa de sumar recoñecementos e premios pola súa obra.
O filólogo estadounidense Luke Bishop, de 27 anos e que xa estivo en Galicia en ocasións anteriores, está facendo un estudo piloto sobre neofalantes en Ourense, coa idea de retomar eses datos no futuro.
María Xesús, Valeria, Emanuel, Maite, Rosa, Isabel, Max, Julia, Mari Cruz son algún dos galegofalantes que atoparon na iniciativa dos Faladoiros de Vigo un lugar no que practicar o galego, pois dende os seus países non lles é doado poder falar a lingua. Este espazo, que naceu durante a corentena do 2020, chegou a converterse para eles nun segundo fogar no que compartir o amor pola cultura galega.
A asociación Faladoiros de Vigo lanza o proxecto “Fálao, ti que podes”, unha iniciativa para continuar os “faladoiros” a través da Internet. O concepto, publicitado a través das redes sociais, tivo unha boa acollida, sobre todo entre neofalantes galegos da diáspora e tamén neofalantes non galegos.
  comenta   0
Emanuel Castiñeira, neofalante e fillo de emigrantes, decidiu aprender galego de maneira autodidacta durante o confinamento da COVID-19. Para el, poder falar galego é unha maneira de achegarse a Galicia e á súa cultura.
Emmanuel Castiñeiras, nado na provincia de Córdoba, en Arxentina, tomou a iniciativa de volver as raíces da súa familia e falar galego o 17 de maio do 2020. Ao outro lado do océano, defende a lingua e reivindica o seu uso.
A directora Belén Puime, que vén de estrear a webserie "Pringadas", mudou o castelán polo galego a partir da súa etapa universitaria. Ademais, ao aprender catalán en Barcelona, tamén se decatou da importancia de ter unha lingua propia.
O Consello da Cultura Galega sacou adiante o proxecto 'Aquí medra a lingua', un conxunto de pezas audiovisuais que mostran diferentes programas de dinamización lingüística. Entre os obxectivos está mostrar as distintas realidades que viven mozos e mozas galegofalantes en cada unha das comarcas galegas. Búscase ter unha ferramenta que permita interrelacionar os distintos modelos existentes para crear máis sinerxías.
  comenta   0
Por onde comezo?, E que pasa se me trabuco seguido?, Como vai reaccionar a miña familia e as miñas amizades? Cambiar dunha lingua para outra na vida cotiá non é tarefa fácil.
Un chío de Twitter ás portas do aninovo do 2018 serviu para que Alba Rodríguez se comprometese consigo mesma a falar galego máis a miúdo. Van case tres anos daquel momento en que decidiu ser neofalante e hoxe en día séntese moi orgullosa de ter feito esta mudanza.
Este novo portal web pretende ser un punto de encontro dos que consideran que se pode vivir en galego a pesar de educarse noutros idiomas.
  comenta   0
Será parte dun traballo da Facultade de Ciencias da Comunicación en colaboración con Política Lingüística para analizar por que se produce este salto ao galego por parte de persoas que tiveron o castelán como lingua materna.
  comenta   1
Dúas iniciativas, Faladoiros en Vigo e un grupo de falantes a través das RRSS en Ferrol están animando ao uso do galego nestas dúas cidades. Fano a través das novas tecnoloxías. A estes proxectos asisten tamén persoas de fóra de Galicia e mesmo de fóra do Estado.
  comenta   1
Eis a experiencia de cinco persoas que decidiron mudar o castelán polo galego, e algunhas fixérono mesmo como propósito de aninovo. Ás que veñen detrás, non dubidan en darlles azos: "Falar galego abre un mundo novo por explorar e desfrutar, e sempre trae moitas sorpresas!".
  comenta   1
O sociolingüista Anik Nandi aposta por aumentar o prestixio do idioma porque "hai xente que o fala e non o valora". Os neofalantes non son decisorios, pero actúan como motor da lingua. O inconvinte, os comentarios negativos que sofren. "Un rapaz contestoume un chío preguntando como ía facer fóra de Galicia se sempre falo en galego. Eu pregunteille entón que facía el cando saía fóra de España”, comenta Alba, neofalante.
  comenta   4
A moza ten 29 anos, viviu en Xapón e fala varias linguas. "É a primeira vez que me critican por como falo. Ademais, no meu propio país. Pareceme unha falta de respecto como cidadá galega, como persoa e, sobre todo, como paciente”, denuncia tras presentar unha reclamación no Sergas.
Aínda que son "máis importantes cualitativamente ca cuantitativamente", os novos galegofalantes "visibilizan" a lingua nun momento de "creba" da transmisión xeracional. Sen contar con eles, "é difícil albiscar unha solución favorable para a lingua", así que cómpre poñer o foco de atención na mocidade.
  comenta   11
Bernadette O'Rourke, profesora da Universidade Heriot-Watt de Edimburgo (Escocia), mostra como o uso que fan os neofalantes da lingua galega está relacionado co "cuestionamiento das estruturas de poder existentes".
  comenta   13
Un congreso internacional en Coimbra analizou a nova realidade sociolingüística de Galicia e a actual situación dos medios en galego. Tamén se falou da importancia de programas como o Xabarín Club para toda unha xeración de mozos e das dificultades que teñen algúns galegos para tentar utilizar o seu idioma no seu propio país.
  comenta   13
Galicia Confidencial, Que Pasa na Costa e Política Lingüística estarán nunha das principais mesas das xornadas. Bernadette O'Rourke destaca que moitas das políticas e estudos iniciais sobre o neofalantismo teñen a súa orixe en Galicia.
  comenta   10
A campaña 'Rebélate. Fala galego' busca dotar de "ferramentas" a aqueles que deciden apostar polo galego, "un acto de rebeldía"
  comenta   4
Valentín García insiste en que Galicia ten unha mocidade "máis preparada da historia para escribir, entender e falar galego" e que hai que aproveitar iso.
  comenta   2
O Parlamento galego aproba unha iniciativa para poñer en marcha accións orientadas a apoiar ás persoas que, aínda que sendo educadas en castelán, adoptaron o galego como lingua habitual.
  comenta   18