Os Faladoiros de Vigo, a oportunidade de falar o idioma para os galegofalantes na diáspora
María Xesús, Valeria, Emanuel, Maite, Rosa, Isabel, Max, Julia, Mari Cruz son algún dos galegofalantes que atoparon na iniciativa dos Faladoiros de Vigo un lugar no que practicar o galego, pois dende os seus países non lles é doado poder falar a lingua. Este espazo, que naceu durante a corentena do 2020, chegou a converterse para eles nun segundo fogar no que compartir o amor pola cultura galega.
Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2022 | Actualizada ás 14:00