Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2022 | Actualizada ás 14:12
A folga de tripulantes de cabina de Ryanair deixa este mércores 126 atrasos en distintos aeroportos españois, dos cales un se produciu en Santiago de Compostela.
En concreto, segundo a información do sindicato USO, houbo atrasos en 39 saídas e 87 chegadas, pero ningunha cancelación. Ata o mediodía, a única ligazón afectada en Compostela foi unha chegada.
En canto á folga de Iberia Express, ata as 13.00 horas houbo catro voos cancelados e dous atrasos en Madrid e As Palmas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.