Evacuado en helicóptero o operario dunha mina en Carballeda de Valdeorras tras sufrir un golpe

Outro traballador foi evacuado ao precipitarse dunha grande altura en Ribeira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2022 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Un operario foi evacuado en helicóptero no mediodía deste mércores no lugar de Riodolas, no concello de Carballeda de Valdeorras, tras recibir un golpe cun obxecto na zona torácica mentres traballaba. A pesar das lesións, o operario estaba liberado e atopábase fóra da explotación mineira. Ademais, dos servizos sanitarios de urxencia ata o lugar desprazouse o persoal do GES de Valdeorras e axentes da Garda Civil.

Os sanitarios chamaron ao 112 ás 14 horas para informar da mobilización do helicóptero. O home foi trasladado ao Hospital de Ourense.

ACCIDENTE EN RIBEIRA

Ademais, outro traballador, neste caso no municipio de Ribeira foi evacuado en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago polas lesións provocadas por mor dunha caída de tres metros altura no Polígono de Xarás.

Axentes da Policía Local foron os encargados de chamar ao 112, sobre as 16,45 deste mércores, para solicitar asistencia medica urxente para o operario. Ata o lugar mobilizáronse os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia e o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Ademais, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, informou ao Grupo de Emerxencias Municipal de Ribeira e á Policía Nacional.

Helicóptero medicalizado do 061. @HELICOSANTIAGO
Helicóptero medicalizado do 061. @HELICOSANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta