Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2022 | Actualizada ás 19:56
O incendio que afecta o parque natural do Xurés, na parroquia da Pena no municipio de Lobeira, calcinou xa un total de 35 hectáreas, segundo as estimacións provisionais da Consellería de Medio Rural.
O incendio orixinouse ás 15,56 horas e permanece activo, pero segundo a consellería, evoluciona "favorablemente" cara á súa estabilización. Neste caso, mobilizáronse catro axentes, 17 brigadas, oito motobombas, unha pa, cinco avións e nove helicópteros.
Pola súa banda, segue baixo control desde as 22,27 horas deste mércores o incendio forestal de Cenlle, tamén en Ourense, iniciado na parroquia da Pena e que queimou unhas 62 hectáreas de terreo segundo as estimacións provisionais. Nos labores de actuación deste lume actuaron tres técnicos, 31 axentes, 79 brigadas, 47 motobombas, tres pas, unha unidade técnica de apoio, oito avións e nove helicópteros.
EXTINGUIDO ESTE XOVES
Este xoves, a Consellería de Medio Rural informou da extinción do incendio que afectaba o municipio ourensán de Melón sobre as 1,30 horas deste xoves. Queimou 75 hectáreas. Para aplacar este lume forestal, destináronse 14 axentes, 25 brigadas, 18 motobombas, unha pa, catro avións e tres helicópteros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.