O papa recibirá as familias do 'Villa de Pitanxo' este mércores

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2022 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O papa Francisco recibirá este mércores, 7 de setembro, ás familias do pesqueiro galego 'Villa de Pitanxo' -- afundido en febreiro a 450 quilómetros de Terranova (Canadá) con 21 falecidos e tres sobreviventes-- nunha audiencia no Vaticano. Diso informou este venres a portavoz das familias, María José de Pazo, quen explicou que se atendeu a carta que lle enviaron ao papa para pedirlle o seu "apoio" e que "escoitase" as súas reivindicacións.

Un total de 11 familias estarán no Vaticano a partir das 9,00 horas do mércores. De Pazo dixo que están "moi agradecidos" por este "privilexio" debido á axenda coa que conta o papa. "A ver se é un sinal", expresou, xa que esa reunión se celebrará o día ante de que se aborde en Bruxelas a petición para que se investigue o sucedido no sinistro marítimo.

As familias das vítimas do 'Pitanxo' emprenderon a súa propia loita para tratar de convencer ao Goberno da necesidade de baixar ao pecio para buscar pistas do que puido pasar na madrugada do 15 de febreiro de 2022.

Familiares de vítimas da 'Vila de Pitanxo' concéntranse ante a Subdelegación do Goberno de Pontevedra.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Familiares de vítimas da 'Vila de Pitanxo' concéntranse ante a Subdelegación do Goberno de Pontevedra.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta