Por Galicia Confidencial | Allariz | 05/09/2022 | Actualizada ás 10:12
Este ano 2022, Arte de Man volve á localización que estrenu o ano pasado,na contorna de Santo Estevo dentro do casco histórico de Allariz . A cita reúne a uns 30 artesáns e artesás galegos/as en horario ininterrompido de 11:00 h. a 20:00 h. o domingo 11 de setembro.
Arte de Man ofertou exposición e venda de distintas disciplinas artesás, tradicionais e innovadoras, como son a cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, coiro e madeira, entre outros.
Este ano como novidade hai un completo programa de actividades no que se puido gozar de demostracións ao vivo de cerámica e pintura. Tamén hai varios obradoiros, concretamente un de cestaría, un de cerámica e outro de trenzado de palla de centeo. Para ambientar toda a xornada do mercado tamén hai música en directo.
Durante a presentación, María López --concelleira de Promoción Económica--, salientou que “a artesanía forma parte da nosa identidade e do noso patrimonio cultural e tamén artístico. Arte de Man é sempre unha oportunidade para por en valor e dar a coñecer aos nosos artesáns e diferenciarnos cun produto creado seguindo as pautas tradicionais pero innovando no deseño”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.