As obras para renaturalizar o río dos Gafos, en Pontevedra, comezarán ese ano

O proxecto busca xerar un novo ámbito de esparexemento cidadán en contacto coa ribeira

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2022 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

As obras que permitirán recuperar e renaturalizar o río dos Gafos, en Pontevedra, terán o seu pistoletazo de saída este mesmo ano e comezarán a plasmarse na súa desembocadura, no treito que discorre no contorno das rúas Rosalía de Castro e Tablada.

O concellerio de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra, Iván Puentes - Concello de Pontevedra
O concellerio de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra, Iván Puentes - Concello de Pontevedra

O concellerio de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, levará este luns a Xunta de Goberno para a súa aprobación o expediente de contratación deste proxecto de restauración paisaxística e medioambiental, que conta cun orzamento base de licitación de 586.084,15 euros e que incluirá a demolición da actual pasarela peonil de 7 metros de ancho que une ámbalas rúas e a construción dunha nova, voadiza, lixeira, de menores dimensións e de trazado curvo, coa finalidade de osixenar todo o ámbito e recuperar a visión do río.

En base ao estudo técnico de viabilidade elaborado por AM2 Arquitectos baixo a dirección de Alexandre Mouriño, os traballos localizaranse augas arriba do entronque do Gafos coa rúa Rosalía de Castro, ata a escalinata de acceso á ribeira, a uns 50 metros, actuando en ámbalas marxes do río, nunha actuación con certo carácter ‘cirúrxico’: unha superficie total de 1.561 metros cadrados delimitada polas edificacións que a rodean e de difícil acceso.

O proxecto busca xerar un novo ámbito de esparexemento cidadán en contacto coa ribeira, acadándose unha transición gradual do desnivel da rúa Tablada co río (o que permitirá a restauración ambiental das zonas limítrofes á canle) e substituíndose non só a actual pasarela adosada ao edificio que oculta o arco de pedra da ponte de Rosalía de Castro, senón tamén tódolos colectores que discorren polo bordo a ribeira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta