Cinco concellos non teñen ningún neno matriculado en Primaria e dous só contan cun alumno en Infantil

Son San Cibrao das Viñas, Taboadela, Vilariño de Conso, Paderne e Coirós.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/09/2022 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Beariz (Ourense) e Negueira de Muñiz (Lugo) son os concellos nos que hai menos nenos matriculados en Infantil en Galicia no inicio do curso 2022-23: só un en cada caso. Ademais, un total de cinco concellos non contan con ningún neno escolarizado en Primaria para este curso, dos cales tres deles están na provincia de Ourense --San Cibrao das Viñas, Taboadela e Vilariño de Conso-- e os outros na da Coruña --Paderne e Coirós--. Con todo, nestes cinco casos si que contan con alumnos na etapa de Infantil.

Arquivo - Un neno pintando nun mural participa na presentación do proxecto 'Plantando árbores con pinceis' de Afundación, no CEIP Rosalía de Castro, a 16 de marzo de 2022, en Lugo, Galicia (España). ?Plantando árbores con pinceis? é un proxecto. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un neno pintando nun mural participa na presentación do proxecto 'Plantando árbores con pinceis' de Afundación, no CEIP Rosalía de Castro, a 16 de marzo de 2022, en Lugo, Galicia (España). ?Plantando árbores con pinceis? é un proxecto. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Así figura na información que traslada a Consellería de Educación de matrículas por concellos en centros públicos, privados e concertados para este novo curso.

Os seguintes concellos con menor números de nenos en Infantil son: O Bolo (Ourense), con dous; Viladervós (Ourense), con tres; Vilarmaior (A Coruña), tamén con tres; Cervantes (Lugo), con catro; As Somozas (A Coruña), con cinco; Vilariño de Conso (Ourense), con cinco; Samos (Lugo), con cinco; Padrenda (Ourense), con cinco; Vilar de Barrio (Ourense), con cinco.

En Primaria, ademais dos cinco concellos citados con cero alumnos neste nivel, os que teñen menor cifra neste nivel son: Punxín (Ourense), con tres; Vilarmaior (A Coruña), con catro; A Veiga (Ourense), con cinco; Muras (Lugo), con sete; e Triacastela (Lugo), con nove.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta