O festival de cinema Curtocircuíto xa ten as súas primeiras confirmacións

Este terá lugar en Santiago entre o 1 e o 9 de outubro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2022 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, que terá lugar en Santiago entre o 1 e o 9 de outubro, desvelou este martes as primeiras confirmacións para a súa XIX edición, entre as que destacan Ben Russell, Lois Patiño ou Deborah Startman. O director artístico de Curtocircuíto, Pela do Álamo, sinalou que "o festival é un punto de encontro que ofrece ao público diferentes niveis de inmersión".

Deborah Stratman, Pedro Maia, Lois Patiño, Sasha Litvintseva, Beny Wagner ou Ben Russell forman parte do elenco da sección competitiva 'Explora', na que se exploran os camiños innovadores, próximos ao videoarte, ao ensaio ou ao cinema de vangarda.

Ademais, o festival contará con dúas seccións --'Pulsar' e 'Terra'-- que dedicarán os seus espazos ao artista norteamericano Andrew Norman Wilson, cuxa obra se atopa entre as coleccións do MOMA de Nova York ou no Whitney Museum, entre outras.

Así mesmo, a artista galega Marta Valverde presentará unha proposta de 'live cinema' titulada 'Cousas Tolas' que mestura o documental, a ficción e a performance. No programa de live A/V atópanse concertos e performances entre os que destacan os espectáculos de Ryoichi Kurokawa, Awkward Moments ou o concerto de Lorenzo Senni.

A proposta musical compleméntase coa colaboración co colectivo compostelán Bombo a Negras para a inauguración do festival coa presenza das artistas Cora Novoa, Cardopusher, Emilia Grima e Fullaplaza.

O CARTEL

A imaxe oficial desta edición tamén foi presentada na mañá deste martes e consta de catro carteis --dos que se difundiron dous-- que realizaron en colaboración co colectivo artístico Os Bravú, "moi vinculados á cidade de Santiago".

Así, esta colección mostra figuras "icónicas para a cidadanía" como son: a virxe embarazada da igrexa románica de Santa María Salomé; as esculturas de Adán e Eva do Hostal dos Reis Católicos; o Atlas do Pazo de Bendaña e as almas ardentes da igrexa das Ánimas.

Un dos cartes da XIX edición do Festival Internacional de Cinema 'Curtocircuíto'. 'CURTOCIRCUÍTO'
Un dos cartes da XIX edición do Festival Internacional de Cinema 'Curtocircuíto'. 'CURTOCIRCUÍTO' | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta