Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2022 | Actualizada ás 10:41
Asociación Alarma na Terra de Montes convoca unha charla informativa sobre o proxecto do parque eólico Cabanelas que se atopa en fase de exposición pública para a presentación de alegacións ata o día 13 de outubro. A xornada terá lugar en Valadelo (Castrelo, Forcarei) o vindeiro domingo día 11 de setembro as 11:00 horas da mañá.
A convocatoria ten un dobre obxectivo informar e organizar á veciñanza afectada para afrontar o proceso de tramitación do mesmo, así daranse a coñecer as características deste novo parque e as afeccións que producirá na zona de implantación, a relación con outros proxectos da zona, o estado de tramitación do proxecto e as estratexias para que este se faga con garantías e de xeito transparente. A convocatoria centrase entoda a veciñanza da zona de afectación, parroquias de Liripio, Codeseda e Sabucedo (A Estrada), Quintillán e Castrelo (Forcarei) e Tomonde (Cerdedo-Cotobade).
O parque eólico Cabanelas é un proxecto que xa se ven tramitando dende hai anos e que agora se recupera transformado pola promotora Greenalia. Sitúase a continuación do parque eólico Pedra Longa (Greenalia), que estivo en fase de alegación apenas fai dúas semanas recibindo unha clara oposición por parte dos afectados, e dos parques eólicos As Penizas(Greenalia), Ampliación As Penizas (Greenalia) e Borreiro(Naturgy), en distintas fasesde tramitación. En conxunto forman unha liña de 21 aeroxeradores.
Nun comunicado, a asociación di que os aeroxeneradores supoñerán "unha sobrecarga absolutamente insostible dende moi distintos eidos e unha merma da propia calidade de vida dos veciños" polo que ten previsto continuar ao longo das vindeiras semanas desenvolvendo máis actividades informativas e reinvindicativas einstalación de puntos de información e recollida de alegacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.