Xa hai datas para o comezo da vacinación dos nenos contra o papiloma humano e a meninxite B

A dose contra o virus do papiloma humano, ademais da a poboación feminina, administrarase aos nenos de 12 anos, o que afectará a todos os homes nados desde xaneiro de 2010.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2022 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

Galicia comezará o próximo 15 de setembro a administrar a vacina contra o virus do papiloma humano a nenos e o 1 de novembro a inocular as novas vacinas infantís incluídas no calendario, a da meninxite B e a da gripe.

Así o confirmou este mércores o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que explicou que o novo calendario vacunal infantil, que incorpora estas novidades, será aprobado este xoves no Consello da Xunta.

Sobre a poboación a vacinar, a dose contra o virus do papiloma humano, ademais da a poboación feminina, administrarase aos nenos de 12 anos, o que afectará a todos os homes nados desde xaneiro de 2010.

Pola súa banda, a vacina contra a meninxite B administrarase en tres dose, aos dous meses, catro meses e 12 meses, para os bebés nados desde o 1 de setembro de 2022. Segundo confirmou o conselleiro de Sanidade, non está previsto incluír aos nados previamente. A maiores, inclúese no calendario vacunal da gripe a todos os nenos entre seis meses e cinco anos.

Presentación do novo calendario vacunal completo.
Presentación do novo calendario vacunal completo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta