Por E.P. | PONTEVEDRA | 07/09/2022 | Actualizada ás 14:49
Un incendio en Meis, ocorrido na parroquia de San Martiño o 3 de agosto, foi provocado polas faíscas dunha máquina ao cortar unhas varas de ferro. Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Pontevedra, en colaboración con axentes ambientais, esclareceron este lume que queimou 1,4 hectáreas de superficie arboredo.
Segundo informa a Xunta nun comunicado, investigouse a dúas persoas como presuntas autoras deste lume en Meis. Entre outros medios, participaron na extinción dous helicópteros e seis brigadas. A Policía Autonómica remitiu as dilixencias ao xulgado de garda de Cambados. No que vai de 2022, a Policía Autonómica investigou a un total de 44 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.