O persoal en folga do Consorcio de Igualdade denuncia que Rueda "non escoita" as súas demandas

A CNT asegura que as traballadoras "seguirán acompañando ao presidente na súa axenda, coa intención de conseguir falar co que parece o único coa chave da negociación".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2022 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

As traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, do que forman parte as Galiñas Azuis, centros de día ou residencias, veñen de completar a súa primeira semana de folga, convocada pola Sección Sindical da CNT.

Concentración de traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar ante o Multitusos Fontes do Sar no día da celebración do 17º Congreso do PPdeG
Concentración de traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar ante o Multitusos Fontes do Sar no día da celebración do 17º Congreso do PPdeG | Fonte: CNT

O peche tivo lugar na inauguración do inicio escolar universitario, onde, segundo denuncian, que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, "non quixo achegarse a falar coas traballadoras, que se mantiveron na porta tratando de achegar ás súas demandas".  "Os berros das traballadoras escoitábanse no claustro de Fonseca, onde tiña lugar a celebración e os petiscos habituais", recolle a CNT nun comunicado.

A folga, explica o sindicato, leva unha semana "copando todos os actos públicos da Galiza".  As traballadoras reuníronse nestes días con "multitude de alcaldes e diferentes persoeiros que en moitos casos están apoiando a protesta". Porén, denuncian, "ningún dos representantes políticos con competencias quere reunirse con elas". "Falan da negociación coa Mesa, pero con quen teñen que negociar é co comité de folga, queremos ser nós as que negociemos a nosa consolidación", declara unha mestra nunha Galiña azul, membro do comité de folga.

Dende o Sindicato anuncian que a próxima semana as traballadoras "seguirán acompañando ao presidente Alfonso Rueda na súa axenda, coa intención de conseguir falar co que parece o único coa chave da negociación". Ademais, a CNT seguirá informando dos piquetes diarios que terán lugar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta