Feridos unha nai e os seus fillos nun accidente entre dous coches en Mazaricos

Outra muller tivo que ser excarcerada tras outro accidente na Ramallosa

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/09/2022 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

Unha nai e os seus dous fillos resultaron feridos nun accidente de circulación entre dous coches rexistrado na tarde deste sábado no concello coruñés de Mazaricos.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse minutos despois das 14,00 horas na estrada DP-4502 ao seu paso por Chacín.

Desprazados ao lugar, os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 evacuaron a nai e os dous menores ao Hospital Clínico de Santiago.

Tamén este sábado, os profesionais do GES de Val Miñor excarceraron a ocupante dun vehículo que sufriu unha saída de vía e chocou contra un muro.

O accidente produciuse na Avenida de Portugal, na Ramallosa. Ata alí mobilizáronse os profesionais do GES, que tiveron que emplar o equipo de excarceración para liberar a muller, que foi evacuada a un hospital.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta