A natalidade continúa caendo en Galicia: os nacementos baixan un 6,9% en xullo

Acumula unha baixada do 3% no que vai de ano.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 14/09/2022 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 1.241 nacementos o pasado mes de xullo, o que supón un 6,9% menos que os 1.334 bebés contabilizados no mesmo período de 2021, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Desta maneira, Galicia acumula 8.164 nacementos no que vai de 2022, un 3,04% menos que nos sete primeiros meses do exercicio precedente. Por provincias, na Coruña naceron 520 bebés en xullo, un 6,3% menos, mentres que en Lugo se rexistraron 136 bebés, un 12,2% menos. Pontevedra tamén reduciu o número de nacementos un 8,5%, con 462. Ourense foi a única provincia galega que aumentou o número de partos o sétimo mes do ano, con 123, un 3,3% máis.

A nivel estatal, en xullo rexistráronse 28.852 nacementos en toda España, un 5,1% menos. No que vai de ano en todo o Estado contabilizáronse 188.062 bebés, un 0,98% menos que no mesmo período de 2021.

DEFUNCIÓNS

Pola súa banda, o INE tamén publicou este mércores o número de defuncións ata a semana 34 deste ano, que se corresponde coa última semana completa de agosto (do 22 ao 28 dese mes). Ata esa data faleceron en Galicia 23.225 persoas, un 8,17% máis que no mesmo período de 2021. A nivel estatal, contabilizáronse 310.371 defuncións ata agosto, un 4,56% máis que nos oito primeiros meses do ano pasado.

Nai e o seu bebé
Nai e o seu bebé | Fonte: EP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Os galeg@s deveríamos deixar de procriar, pois é trazer filhos para a emigraçom para logo enviar remessas de dinheiro aos bancos; que os fagam eles, os ricos. Assi deixaríamos de ser gando humano polo que se cobra todo-los meses, as remessas.