CIG impugna unha convocatoriade acceso a Navantia por "falta de respecto aos principios de igualdade"

O sindicato lembra que "non se pode acceder a un contrato de traballo, temporal ou indefinido, nunha empresa pública sen que haxa un proceso garantista, con elementos de obxectividade"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2022 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A CIG solicitou o pasado 26 de agosto a nulidade dunha convocatoria de prazas de acceso a Navantia que non están incluídas no Plan de Emprego 2019-2022, aducen. O sindicato sinalou que nas vacantes que se convocan para persoas tituladas universitarias na compañía "hai falta de respecto aos principios de igualdade, mérito e capacidade no acceso ao emprego público".

Neste período, apunta a CIG, puxéronse "a disposición da dirección para tratar de evitar o preito legal sen resultadopositivo" e solicitaron "unha mediación previa no SMAC". "Non foi posible, hoxe no SMAC renunciaron a esta mediación", lamenta a CIG.

O sindicato lembra que "non se pode acceder a un contrato de traballo, temporal ou indefinido, nunha empresa pública sen que haxa un proceso garantista, con elementos de obxectividade que permitan acreditar os preceptos de igualdade, mérito e capacidade", para o que pide "probas obxectivas en todos os procesos de acceso", que as probas de inglés "teñan a garantía da participación dun organismo comola Escola Oficial de Idiomas" ou que as probas psicotécnicas "sexan realizadas por profesionais da psicoloxía, cos estándares técnicos desa disciplina".

Participantes nas probas do segundo buque AOR en Australia. NAVANTIA
Participantes nas probas do segundo buque AOR en Australia. NAVANTIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta