Prisión para un home detido en Ferrol con 2,3 quilos de heroína

O home transportaba a sustancia estupefaciente no maleteiro do seu vehículo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2022 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

Un home ingresou na prisión de Teixeiro (A Coruña) tras ser sorprendido transportando no seu vehículo cinco envoltorios que contiñan no seu interior, en total, 2,3 quilos de heroína.

O agora encarcerado foi posto a disposición xudicial por axentes da Policía Nacional pertencentes á comisaría de Ferrol-Narón, que o apresaron cando circulaba nun vehículo por esta zona.

O achado produciuse durante un control. Tras deter o vehículo e durante un rexistro, foron localizados cinco paquetes envasados ao baleiro, na zona do maleteiro, dos cales o condutor non aclarou procedencia nin contido, polo que foi detido. Unha vez realizadas as pertinentes probas ás sustancias que contiñan os paquetes, resultou tratarse de heroína, cun peso total de 2,3 quilos.

Papelina de heroína
Papelina de heroína | Fonte: larioja.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta