Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2022 | Actualizada ás 18:43
Ryanair anunciou este xoves o seu calendario para a tempada de inverno desde o aeroporto de Santiago de Compostela, cun total de 21 rutas para viaxar a diferentes destinos, 10 delas internacionais.
Entre as rutas que operará a próxima tempada desde o Rosalía de Castro están sete novos voos directos, todos eles internacionais, a Bordeus, Bruxelas (Charleroi), Dublín, Edimburgo, Marsella, Memmingen e París (Beuavais). A isto súmanse, fóra das fronteiras, as liñas de Bolonia, Milán (Bérgamo) e Londres. Así mesmo, en liñas nacionais, seguirán tendo ligazóns directas con Barcelona e Madrid, Illas Baleares e Canarias, Alacante, Valencia, Málaga ou Sevilla.
Para celebrar o calendario de inverno, a aerolínea lanzou unha oferta de asentos con voos a partir de 24,99 euros por traxecto para viaxar desde outubro de 2022 ata marzo de 2023. Esta promoción estará dispoñible ata o 30 de novembro, na páxina web Ryanair.com.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.