Por Europa Press / Redacción | Lugo | 16/09/2022 | Actualizada ás 19:54
Unha muller de 82 anos faleceu na tarde deste venres en Cervo tras ser atropelada por un turismo na estrada N-642, que une esta localidade con Celeiro.
Foi un particular o que alertou dos feitos pasadas as 17,30 horas. Segundo indicaba na chamada, a vítima quedara tendida na vía e estaba inconsciente.
Púxose entón en marcha un operativo de emerxencias no que participaron efectivos do GES de Cervo, da Garda Civil e dos Bombeiros de Viveiro, aínda que estes últimos non tiveron que intervir.
Así mesmo, foron mobilizados sanitarios do 061, que só puideron certificar o falecemento da muller.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.