Borja Verea critica un tuit do PSOE que o chama "facha": "Canto máis subo nas enquisas, máis me insultan"

O candidato popular á Alcaldía de Santiago

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2022 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O candidato popular á Alcaldía de Santiago, Borja Verea, criticou este sábado un tuit emitido onte desde a conta do PSOE compostelán na que, apunta, o denominan "facha", unha actitude que cualificou de "decepcionante" e ante a que dixo: "canto máis subo nas enquisas, máis me insultan".

O tuit ao que fai referencia alude, textualmente, á "facha-da de Verea" tras unha reunión co exministro Mayor Oreja, acompañado dalgúns recortes de prensa que recollen as opinións deste último sobre temas como a eutanasia ou o aborto.

Fronte a isto, Verea asegurou que seguirá "escoitando e reuníndome con todo o mundo", xa que "en Compostela cabemos todos". "Eu escoito e aprendo de toda a xente, así entendo a miña cidade, por iso quero ser o alcalde de todos", explicou.

"Mentres outros seguen atrapados no seu minifundismo mental, eu seguirei traballando por unha cidade aberta onde teñen sitio todas as opinións, sexan positivas ou non", engadiu.

Borja Verea, presidente da xestora do PP de Santiago
Borja Verea, presidente da xestora do PP de Santiago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta