Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2022 | Actualizada ás 18:56
Os concelleiros de Obras, Javier Fernández, e de Educación, Rubén Prol, fixeron balance este martes das obras executadas durante a tempada de verán en distintos centros públicos de Santiago. En total, foron 69 actuacións de conservación, reparación e pequena reforma, que afectaron a 19 colexios e que contaron cun orzamento de algo máis de 300.000 euros.
O edil de Obras explicou que as 69 actuacións que estaban programadas para este verán "desenvolvéronse segundo o previsto e sen incidentes". Estes traballos, que están incluídos nunha previsión anual consensuada entre os departamentos de Obras e de Educación, foron realizados en cinco escolas infantís, entre consorciadas e municipais, dúas escolas rurais e en 12 CEIPS, o que supón un "un 86% dos centros educativos de competencia municipal.
Pola súa banda, o concelleiro de Educación lembrou que o Concello investiu en tres anos na mellora e mantemento dos centros educativos da cidade 1,2 millóns de euros. "E ímolo a seguir facendo, porque somos conscientes de que a educación é o principal alicerce sobre o que se vai a asentar o futuro da nosa cidade", engadiu.
Rubén Prol explicou que as partidas máis elevadas foron as destinadas aos centros Pío XII, por un importe de 47.079,95 euros; ao CEIP Vite, por 39.296,35 euros; ao CEIP Louros-Villestro, 22.692,69 euros, ao CEIP Apóstolo Santiago, por valor de 35.328,75 euros, e ao CEIP Fontiñas, dun total de 36.290,55 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.