Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2022 | Actualizada ás 13:38
O arquitecto pontevedrés César Portela ingresará este sábado como académico de honra na Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba), nunha sesión extraordinaria pública que terá lugar no Pazo de Baión, en Vilanova de Arousa.
Pronunciará el mesmo o seu discurso de ingreso, titulado 'A arquitectura: Unha disciplina entre a arte e a técnica' que será contestado en nome da Academia polo membro numerario da Sección de Arquitectura, Xosé Manuel Casabella López.
Asistirán ao acto o presidente da Ragba, Manuel Quintana Martelo, ademais doutros académicos da institución e autoridades como a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; ou o director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.