Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2022 | Actualizada ás 14:49
Un bombeiro resultou ferido o marco dun operativo activado a raíz do envorco dun tráiler que transportaba porcos e que envorcou en Agolada, nun tramo de monte entre Berredo e Brantega. Algúns dos exemplares fuxiron, pero foron recuperados, e outros morreron.
O efectivo de emerxencias participaba no dispositivo activado este mércores sobre as 10,30 horas e, tras un par de horas tratando de estabilizar o vehículos, o equipo desprazado do parque comarcal de Bombeiros de O Deza informou ao 112 de que un compañeiro necesitaba atención médica porque se lesionou no marco do operativo.
O camión de transporte de porcos vivos sufriu unha avaría e, despois, o remolque envorcou. Isto provocou que moitos exemplares morresen e outros fuxiran polo monte, mentres que a maioría foron trasladados a outro camión para chegar ao seu destino.
Con respecto a aqueles que fuxiron, os Bombeiros do Deza confirmaron que puideron ser recuperados e retirados da contorna da vía co fin de evitar novos accidentes. Neste operativo colaboraron tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.