O PPdeG acusa ao BNG de "romper co Xacobeo"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2022 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, avogou este venres por "non desperdiciar a actividade económica que xera o turismo" e acusou ao BNG de "estar instalado en romper co Xacobeo".

Así o manifestou durante unha visita á cidade de Ourense, na que estivo acompañada pola Comisión de Turismo do PPdeG, para coñecer as instalacións de Termatalia. Paula Prado subliñou que Ourense é "a capital mundial do termalismo", e xustificou a súa visita para "demostrar unha vez máis" que o PP "está co turismo fronte á turismofobia que ofrecen outros".

Deste xeito, apuntou directamente ao Bloque Nacionalista Galego, ao que acusou de "estar instalado en romper co Xacobeo e pór trabas a todo o que signifique a chegada do turismo a Galicia".

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, nas instalacións de Termalia
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, nas instalacións de Termalia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta