Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2022 | Actualizada ás 12:12
A compañía Berrobambán levará a partir deste luns 3 a Carballo a segunda tempada de 'Facer memoria', un proxecto escénico no que se dilúen os límites entre escenario e patio de butacas.
Deste xeito, 'Facer memoria' brinda voz ao público para contar no teatro os seus recordos. A iniciativa condúcea a dramaturga e narradora oral Paula Carballeira baixo a dirección de Chiqui Pereira.
No marco da programación do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, 'Facer memoria' parte da tradición oral, da creación comunitaria e do descubrimento colectivo para desenvolver un proceso teatral que desemboca nun encontro-espectáculo no que os veciños participantes intervirán sobre as táboas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.