Galicia pon en marcha o teléfono para a atención administrativa a persoas maiores de 65 anos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2022 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Galicia pon en marcha este luns o teléfono específico de atención administrativa xeral e preferente para persoas maiores de 65 anos.

Segundo explican nun comunicado, trátase dunha iniciativa pioneira orientada a proporcionar unha atención "máis personalizada" que "apoie a independencia dos maiores". Este luns 3 de outubro empeza a funcionar a liña da 'Canle +65', que no número 900 333 666 evitará escoitar mensaxes automatizadas e marcar opcións, "facilitándolles aos maiores o contacto cun operador humano".

CANLE +65

Este teléfono é unha das ferramentas da Canle +65, que busca "romper coa fenda dixital e facilitar o contacto directo coa Administración galega" e que inclúe servizos como a cita en Atención Primaria do Sergas, ou a atención nas Oficinas de Información e Rexistro d Xunta de Galicia, así como nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia.a

Unha moza emprega un teléfono móbil
Unha moza emprega un teléfono móbil | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta