(Vídeo) Maite Rojo, a primeira galega en rematar a carreira máis dura do mundo

Rematou no Top 10 das mulleres participantes. Percorreu 247,5km en 32 horas e 26 minutos. Unha proeza que só conseguiu, ata agora, outra española. A mariña e atleta galega adicoulle esta victoria ao seu pai, que padece a enfermidade dexenerativa Corticobasal.

Por Galicia Confidencial | Atenas | 03/10/2022 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

"Xa podo dicir que xa son Espartana, terminei a carreira máis complicada da miña vida, polos quilómetros, os cortes de paso e ás veces como este ano a climatoloxía". Así de orgullosa se amosa a mariña e atleta colaboradora do Galicia Confidencial, Maite Rojo, a primeira galega en rematar a carreira máis dura do mundo e a segunda do Estado en facelo, a Spartatlon, que une Atenas con Esparta nun circuíto que este ano era de 247,5 quilómetros.

Maite rojo coa medalla de finalista da Spartatlon
Maite rojo coa medalla de finalista da Spartatlon | Fonte: remitida

Maite acabou entre as primeiras dez mulleres, no posto noveno, e 45 da xeral cun tempo de récord, 32 horas e 26 minutos, superando todos os tempos de corte --esta carreira esixe tempos concretos en distintos tramos-- e tamén o tempo final que está marcado en 36 horas. De feito, no 40 aniversario desta esixente carreira, quedaron no camiño corredoras tan experimentadas como Camille Herron ( 3 records do mundo en varias distancias e gañadora de infinidade de ultras) ou Zsuzsanna Maraz (gañadora de varios Spartatlon e Ultrabalaton entre moitas máis )

Finalmente só 175 corredores de case 400 acabaron, entre elas, a galega. Maite Rojo participou nesta carreira catro anos despois que o seu irmán, Diejo Rojo, que estivo con ela de apoio nesta carreira. 

"Fun correndo desde a moderación, até ir gañando postos e tempo de corte de paso, onde a carreira faise cada vez máis bonita, o antigo Corintio, Nemea, a montaña até Nestani, os prados de uva e de olivas de Kalamata...Os nervios sempre están aí e podes ter un mal día, pero a retirada non era unha opción, ía loitar con unllas e dentes. Non tiven ningunha dor muscular grave, nin bochas, nin problemas de estómago. E o ambiente, os corredores, os voluntarios nos avituallamientos, o reto en xeral fai que vaias como unha nube case toda a carreira", apunta Maite.

E fixo todo isto cunha calor abrasadora que chegou aos 40º, todo o contrario que cando correu o seu irmán Diego, que padeceu frío, chuvia e ventos furacanados, condicións tamén anormais para a época do ano na que se celebra esta carreira.  De feito, Maite entrou na meta da man de Diego e arroupada pola bandeira galega.

Maite Rojo finaliza a Spartatlon bicando a estatua de Leónidas
Maite Rojo finaliza a Spartatlon bicando a estatua de Leónidas | Fonte: remitida

CARREIRA ADICADA AO SEU PAI

Esta carreira adícalla ao seu pai, con enfermidade dexenerativa Síndrome Corticobasal. Lembra que aínda non se chegaron a acadar doazóns suficientes para a investigación e lembra que aínda non se pechou a campaña para os e as que queiran axudar:

https://www.migranodearena.org/.../spartathlon-reto-por...

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta