Disparan contra un autobús que realizaba o traxecto Pontedeume-Ferrol

O vehículo, que saíra ás 7,20 horas, recibiu dous impactos de bala.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/10/2022 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

O autobús con saída ás 7,20 horas entre Pontedeume e Ferrol recibiu na mañá deste luns, no lugar de Limodre, dous impactos de bala, un contra a carrozaría e outro contra unha lúa, que é de dobre cristal e só afectou un deles.

Lúa co impacto dunha bala no traxecto Pontedeume-Ferrol
Lúa co impacto dunha bala no traxecto Pontedeume-Ferrol | Fonte: FOTO CEDIDA MONBUS - Europa Press.

Fontes da empresa de transporte, Monbus, confirmaron a presentación dunha denuncia ante a Garda Civil para pór en coñecemento das autoridades o sucedido este luns.

Aínda que como consecuencia do impacto o autobús puido seguir circulando ata Ferrol, unha vez na estación da cidade departamental, a empresa cambiou de autocar para continuar o traxecto ata A Coruña e "cumprir os seus horarios".

Dáse a circunstancia de que esta liña é froito das críticas dos usuarios, que demandan melloras da conexión na comarca de Ferrolterra e máis frecuencias.

Como se pode recoller da súa páxina de Facebook, a Plataforma Transporte Público Digno en Ferrol e Comarca fixo unha "condena de todo tipo de actos vandálicos" e agardan que estes "se esclarezan".

"Seguimos coas nosas reunións e liñas de protestas e mobilizacións sempre previa autorización e aviso á autorización pertinentes e á poboación", explicaron no mesmo comunicado na mencionada rede social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta