Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/10/2022 | Actualizada ás 09:23
A Asamblea Antirracista Gallega, que se define como "un encontro de personas racializadas e migrantes do territorio", convoca unha manifestación "antirracista e decolonial" o 12 de outubro centralizada en Santiago de Compostela, inda que asistirán persoas de todo o territorio galego.
“Dende hai máis de 500 anos os nosos corpos foron territorios profanados. O saqueo, o
xenocidio, a escravitude e a propia concepción da idea de raza condicionaron a nosa
existencia durante siglos. Actualmente cargamos cun trauma xeracional inminente, o sistema racista colonial ocupouse de deshumanizarnos ata o punto de conmemorar cada ano o inicio da nosa fin", indica esta plataforma nun comunicado.
"Somos corpos negros, marróns, migrantes, racializados que resistimos e loitamos neste reino español contra as súas leis migratorias, o seu racismo, xenofobia, discriminación e a imposición da maldita adaptación que pretende manternos calades e obedientes. Migramos
e/ou nacemos sendo a outredade que enuncia e denomina a branquitude", engade nun comunidado.
Así, denuncia que o “descubrimento” significou o comenzo do "peor xenocidio da Historia da Humanidade" e que as súas consecuencias siguen a estar palpables a día de hoxe, como o saqueo e o extractivismo vixente en América.
As protestas comezarán cunha manifestación que sairá ás 12.30h dende a Alameda. Ademáis, se planificaron toda unha serie de actividades na Gentalha do Pichel, dende pequenos concertos e recitais ata mesas onde se exporán diferentes sentires ao redor do racismo da sociedade, "á vez que se compartirán maneiras distintas de sanar os traumas derivados do proceso migratorio".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.