O programa de detección precoz de cancro de mama recibe o premio da asociación de persoas afectadas

No período 1992-2020 realizáronse 2.840.916 exploracións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2022 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

A Asociación de persoas afectadas de cancro de mama (ADICAM) entregou o seu premio anual ao Programa galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, que leva a cabo a Consellería de Sanidade. O premio foi recollido por Natalia Botana, Xefa Territorial de Sanidade en Pontevedra, e Silvia Suárez, subdirectora xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables, da Dirección Xeral de Saúde Pública.

O cancro de mama é a enfermidade tumoral máis frecuente e a primeira causa de morte por cancro en mulleres europeas. A prevención secundaria no ámbito do cancro de mama é fundamental, posto que permite detectar a enfermidade nas súas etapas iniciais e, por tanto, mellorar os prognósticos das pacientes, así como diminuír a taxa de mortalidade.

Desde 1992, hai 30 anos, a Dirección Xeral de Saúde Pública realizou case tres millóns de exploracións de mama por medio de mamografías de control. Isto permitiu diagnosticar máis de 10.000 cancros en pacientes remitidas aos servizos especializados. Desde ese ano, as mulleres galegas de entre 50 e 64 anos, e desde 2009 as de 50 a 69, teñen a posibilidade de realizarse mamografías de control cada dous anos.

Un dos indicadores principais de resultados é a participación, xa que no período 1992-2020 realizáronse 2.840.916 exploracións. A participación global obtida foi de case o 80%.

Premio ao programa galego de detección de cancro de mama. XUNTA
Premio ao programa galego de detección de cancro de mama. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta