Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2022 | Actualizada ás 16:01
O Ballet de Kiev atópase por primeira vez de xira en España realizando unha representación de varios títulos para apoiar a nenos e familias de Ucraína da man de Unicef. En concreto, a compañía estará en Galicia entre os días 18 e 23 de outubro. O día 18, o ballet estará en Vigo, o 19 en Santiago de Compostela, o 21 en Cangas, o 22 na Coruña e o 23 de outubro en Pontevedra.
A través da venda de entradas apoiarase o traballo que está a realizar Unicef para salvar e protexer aos nenos, nenas e familias afectados pola guerra tanto en Ucraína como nos países onde se refuxiaron.
Goldberg, empresa organizadora da xira do Ballet de Kiev, contribuirá ao traballo de Unicef a través da venda de entradas para esta representación: por cada entrada vendida, destinarase 1,5 euros a favor de Unicef.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.