Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2022 | Actualizada ás 18:39
A Vicesecretaria de Políticas Sociais do Partido Popular, Carmen Navarro, destacou este venres nunha visita a Aranga xunto á secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, o papel das casas Niño galegas que "axudan á conciliación, xeran emprego, sobre todo feminino e asentan poboación nas zonas máis despobladas".
Pola súa banda, Paula Prado sinalou o "valor da funcionalidade" das casas Niño que, xunto ás Casas do Maior impulsadas pola Xunta e "pioneiras en España", constitúen "un recurso de conciliación fundamental no rural".
Así mesmo, indicaron que estes recursos cumpren con varios obxectivos, entre os que destacou "a conciliación dos homes e as mulleres no rural" e "a creación de emprego para aqueles que traballan coidado dos máis pequenos e dos nosos maiores nestas zonas".
Paula Prado tamén sinalou que as Casas Niño e as Casas do Maior permiten a rehabilitación das edificacións ás que se destinan "estes recursos tan importantes". Ademais, en vésperas do Día da Muller Rural, as populares alertaron da baixa taxa de natalidade en España hoxe en día, así como do "galopante" envellecemento da poboación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.