Miñones pon a Ramirás como "exemplo" de chegada do Plan de Recuperación do Goberno a "cada recuncho"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2022 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, acudiu este martes ao concello ourensán de Ramirás, ao que puxo como "exemplo" de como o Plan de Recuperación é capaz de chegar "a cada recuncho do país impulsando a transición enerxética e a dixitalización" a través de diferentes convocatorias.

Durante unha visita xunto ao subdelegado do Goberno na provincia, Emilio González, e á alcaldesa, Isabel Gil, Miñones anunciou que o Estado apoiará con 238.031 euros ao Concello de Ramirás para renovar a iluminación pública e facelo máis eficiente.

En concreto, será a través dunha axuda concedida dentro do Programa DUS5000, xestionado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, que achegará o 85 por cento do total da actuación.

O delegado do Goberno destacou que Ramirás será un dos primeiros concellos galegos en alcanzar unha subvención dentro desta liña que está dirixida especificamente a municipios de menos de 5.000 habitantes. De feito, resaltou que "xa se resolveron 18" axudas por 8,8 millóns de euros, das cales catro son na provincia de Ourense e a de Ramirás, "a de maior contía".

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñonez, visita Ramirás  xunto ao subdelegado en Ourense, Emilio González, e á alcaldesa, Isabel Gil
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñonez, visita Ramirás xunto ao subdelegado en Ourense, Emilio González, e á alcaldesa, Isabel Gil | Fonte: DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta