A alcaldesa da Coruña reivindica o "escudo social" como un dos eixos do seu mandato

Inés Rey falou dun "proxecto que naceu dunha forma de entender que o futuro da Coruña pasaba, necesariamente, por unha adaptación dos espazos públicos da cidade a un novo modelo de futuro".

Por E.P. | A CORUÑA | 18/10/2022 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que interveu esta tarde na apertura da programación de actividades do curso 2022-2023 da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios, puxo en valor o labor realizado neste mandato.

Nela, aludiu, entre outras cuestións, aos eixos centrais do mesmo, entre os que citou "o novo modelo urbano, o escudo social e a reactivación económica".

"Un proxecto que naceu dunha forma de entender que o futuro da Coruña pasaba, necesariamente, por unha adaptación dos espazos públicos da cidade a un novo modelo de futuro", explicou en parte da súa intervención a alcaldesa.

A conferencia, que levou a cabo esta tarde no Casino baixo o título 'Reactivando A Coruña: Presente e futuro da nosa cidade', foi introducida por Rosa Otero, presidenta da Asociación.

A alcaldesa da Coruña Inés Rei, pronuncia unha conferencia na Asociación de Amas de Casa. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña Inés Rei, pronuncia unha conferencia na Asociación de Amas de Casa. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta