Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2022 | Actualizada ás 17:19
A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Pontevedra investiga penalmente a dúas persoas, ambos de 27 anos de idade e veciños da Lama, como presuntos responsables do envelenamento o cadáver dunha cabra, localizada nunha zona boscosa.
Os mozos foron sorprendidos por unha cámara web de fototrampeo, instalada previamente na zona ao tratarse dun hábitat no que se ten documentada a presenza do lobo. Nas imaxes pode verse un vehículo todo-terreo arrastrando ao animal. Deste xeito, a Garda Civil procedeu á procura do vehículo, sendo localizado por vixiantes de Recursos Naturais, e recolleito posteriormente por Axentes Ambientais da Xunta de Galicia.
A Garda Civil informou nun comunicado que a cabra "presentaba cortes por todo o corpo, o que fixo sospeitar que puidese introducirse veleno". Unha vez analizado o cadáver polo laboratorio de referencia, determinouse que contiña un tóxico denominado 'fenamifos', que se atopa na composición de dous produtos cuxa comercialización está prohibida na Unión Europea.
Os dous veciños da Lama están a ser investigados como autores dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente,recollido no Código Penal. As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Garda de Pontevedra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.